Módulo da precesión Ferramentas Astrocalculadora Módulo da precesión O módulo de calculadora da precesión Precesión Este módulo é semellante ao módulo de coordenadas aparentes, mais só aplica o efecto da precesión, non da nutación ou da aberración. Para empregar este módulo, primeiro hai que introducir as coordenadas e a época na sección Coordenadas orixinais. Tamén hai que encher a época de destino na sección Coordenadas con precesión. Despois, premer o botón Calcular e aparecen as coordenadas do obxectos, coa precesión na época de destino, na sección Coordenadas con precesión.