JasonHarrisOs polos celestesPolos celestesCoordenadas ecuatoriaisO ceo parece desprazarse por riba das nosas cabezas de leste a oeste, completando un circuíto completo do ceo en 24 (horas sidéreas). Este fenómeno débese á rotación da Terra sobre o seu eixo. O eixo de rotación da Terra intersecciona a esfera celeste en dous puntos. Estes puntos son os polos celestes. Segundo a terra rota, estes quedan fixos no ceo e todos os demais puntos parecen rotar arredor deles. Os polos celestes son tamén os polos do sistema de coordenadas ecuatorial, o que quere dicir que teñen declinacións de +90 graos e -90 graos (polos norte e sur, respectivamente). O polo norte celeste ten actualmente as mesmas coordenadas que a brillante Estrela Polar (que en Latín se chama Polaris). Isto fai que a Estrela Polar resulte útil para a navegación: non só está sempre por riba do punto norte do horizonte, senón que o seu ángulo de altitude é sempre (case) igual á latitude xeográfica do observador (a Estrela Polar, porén, só se pode ver desde lugares do Hemisferio Norte). O feito de que a Estrela Polar estea preto do polo é unha pura coincidencia. De feito, debido á precesión, a Estrela Polar está preto do polo só unha pequena parte do tempo. Exercicios:Emprega a xanela Atopar un obxecto (&Ctrl;F) para localizar a Estrela Polar. Lembra que a súa declinación é de case (aínda que non exactamente) +90 graos. Compara a lectura da alatitude cando o visor está centrado nela coa latitude xeográfica do lugar no que esteas. Están sempre a un grao de distancia. Non son exactamente iguais porque a Estrela Polar non está exactamente no polo (pódese apuntar exactamente para o polo pasando a coordenadas ecuatoriais e premendo a tecla de frecha para riba ata que o ceo deixe de desprazarse). Usa o selector Paso de tempo da barra de tarefas para acelerar o tempo a pasos de 100 segundos. Podes ber como todo o ceo parece rotar arredor da Estrela Polar mentres que esta queda practicamente estacionaria. Dixemos que o polo celeste é o polo do sistema de coordenadas ecuatoriais. Cal pensass que é o polo do sistema de coordenadas horizontais (Altitude/Acimut) (O Cénit).