Modo da liña de ordes para a xeración de imaxes Modo de envorcado de imaxes Pódese empregar &kstars; para xerar unha imaxe do ceo sen realmente lanzar a parte GUI do programa. Para utilizar esta funcionalidade hai que iniciar &kstars; desde unha liña de ordes empregando argumentos para especificar o nome do ficheiro da imaxe, así como as dimensións que se desexen para a imaxe: kstars --dump --filename kstars.png --height 640 --width 480 --script omeuscript.kstars --date "4 de xullo de 1976 12:30:00" Se non se especifica un nome de ficheiro xérase un ficheiro chamado kstars.png. Intentarase xerar unha imaxe que corresponda coa extensión do nome do ficheiro. Recoñécense as extensións seguintes: png, jpg, jpeg, gif, pnm e bmp. Se non se recoñece a extensión do nome do ficheiro, de maneira predeterminada será o tipo de imaxe PNG. Igualmente, se non se especifican a anchura e a altura, de maneira predeterminada serán 640 e 480, respectivamente. De maneira predeterminada, &kstars; le os valores das opcións almacenadas no ficheiro $KDEHOME/share/config/kstarsrc para determinar onde se centrará a imaxe e como se presentará. Isto significa que hai que executar &kstars; no modo GUI normal e saír do programa cando estea configurado coas opcións desexadas para as imaxes xeradas. Isto non é moi flexíbel, polo que tamén fornecemos a posibilidade de executar un script&DBus; de &kstars; para preparar a escena antes de xerar a imaxe. O nome de ficheiro que se indique como argumento do script ha de ser un script &DBus; correcto de &kstars;, como os que se crean coa Ferramenta Construtor de Scripts. O script pode empregarse para indicar para onde apunta a imaxe, indicar o lugar xeográfico, a hora e a data, cambiar o nivel de ampliación e axustar outras opcións de visualización. Algunhas das funcións de &DBus; non teñen sentido nun modo distinto da interface gráfica (como, por exemplo, waitForKey(); se se atopan estas funcións cando se examina o script, simplemente ignóranse. De maneira predeterminada, &kstars; utiliza a hora e a data da CPU do sistema para xerar a imaxe. Como alternativa, pódense especificar unha hora e data co argumento --date. Tamén se pode empregar este argumento para especificar a data de arranque no modo de interface gráfica normal.