Jason Harris Os equinocios EquinociosEcuador celeste Eclíptica A maioría das persoas coñecen os equinocios vernal (ou de primavera) e de outono como datas do calendario que indican o comezo da primavera e do outono no Hemisferio Norte, respectivamente. Sabías que os equinocios son tamén posicións no ceo? O Ecuador celeste e a Eclíptica son dous círculos máximos da esfera celeste situados a un ángulo de 23,5 graos. Os dous puntos onde se interseccionan chámanse equinocios. O Equinocio Vernal ten as coordenadas AR=0,0 horas, Dec=0,0 graos. O Equinocio de Outono ten as coordenadas AR=12,0 horas, Dec=0,0 graos. Os equinocios son importantes para marcar as estacións. Dado que están na Eclíptica, o Sol pasa por cada equinocio cada ano. Cando o Sol passa polo Equinocio Vernal (normalmente o 21 de marzo), cruza o Ecuador celeste de sur a norte, o que indica o fin do inverno no Hemisferio Norte. Da mesma maneira, cando o Sol pasa polo Equinocio de Outono (normalmente o 21 de setembro), cruza o Ecuador celeste de norte a sur, o que indica o remate do inverno no Hemisferio Sur.