JasonHarrisÁngulo horarioÁngulo horarioMeridiano localHora sidéreaComo se explica no artigo sobre a hora sidérea, a ascensión recta dun obxecto indica a hora sidérea á que fará o tránsito ao longo do teu meridiano local. O ángulo horario dun obxecto defínese como a diferenza entre a hora sidérea local e ascensión recta do obxecto: OAobx = LST - ARobxPolo tanto, o ángulo horario dun obxecto indica canto tempo sidéreo pasou desde que o obxecto estaba no meridiano local. Tamén é a distancia angular entre o obxecto e o meridiano, medido en horas (1 hora = 15 graos). Por exemplo, se un obxecto ten un ángulo horario de 2,5 horas, fixo o tránsito polo meridiano local hai 2,5 horas e está actualmente a 37,5 graos ao oeste do meridiano. Os ángulos horarios negativos indican o tempo ata o vindeiro tránsito polo meridiano local. Por suposto, un ángulo horario de cero significa que o obxecto está actualmente no meridiano local.