Ferramenta Lúas de Xúpiter
Ferramentas
Ferramenta Lúas de Xúpiter
A ferramenta Lúas de Xúpiter
Ferramenta Lúas de Xúpiter
Esta ferramenta mostra as posicións das catro lúas máis grandes de Xúpiter (Io, Europa, Ganimedes e Calisto) en relación a Xúpiter en función do tempo. O tempo represéntase verticalmente; as unidades son días e tempo=0,0
corresponde coa hora actual de simulación. O eixo horizontal mostra a distancia angular da posición de Xúpiter en minutos de arco. A distancia mídese na dirección do ecuador de Xúpiter. Cada posición da lúa en función do tempo traza un roteiro sinusoidal na gráfica, segundo a lúa orbita arredor de Xúpiter. Cada roteiro ten asignada unha cor distinta para distinguilo dos outros; as lendas da parte superior da xanela indican a cor empregada por cada lúa. Pódese manexar a representación co teclado. Pódese expandir ou comprimir o eixo temporal coas teclas + e -. Pódese alterar a hora que se mostra no centro da xanela coas teclas [ e ].