Jason Harris Anos bisextos Anos bisextos A Terra ten dous compoñentes principais de movemento. Primeiro, xira arredor do seu eixo de rotación; unha rotación completa leva un día. En segundo lugar, orbita arredor do Sol; unha rotación orbital completa leva un ano. Normalmente hai 365 días nun ano do calendario, pero resulta que un ano verdadeiro (&ie; unha órbita completa da Terra arredor do Sol, chamada tamén ano tropical) é un pouco máis longa dos 365 días. Noutras palabras, no templo que lle leva á Terra completar un circuíto orbital, esta completa 365,24219 rotacións sobre si mesma. Que isto non che sorprenda; non hai ningunha razón para esperar que os movementos de rotación e traslación da Terra estean sincronizados de ningunha maneira. Porén, isto fai que marcar o tempo no calendario sexa un pouco revirado… Que ocorrería se simplemente ignorásemos esa rotación adicional de 0,24219 ao final do ano e simplemente definísemos un ano do calendario para que sempre tivese 365,0 días? O calendario é basicamente un seguimento do percorrido da Terra arredor do Sol. Se ignorarmos ese extra ao final de cada ano, con cada ano que pasase a data do calendario quedaría un pouco para atrás da verdadeira posición da Terra arredor do Sol. En só unhas poucas décadas, as datas dos solsticios e dos equinoccios desviaranse notabelmente. De feito, antes todos os anos definíanse como de 360,5 días e, como consecuencia, o calendario derivaba das estacións reais. No ano 46 AdC Xulio César estabeleceu o calendario xuliano, que incluía os primeiros anos bisextos do mundo. Decretou que un ano de cada catro tivese 366 días para que un ano tivese 365,25 días de media. Isto resolveu basicamente o problema da deriva do calendario. Porén, o problema non quedou resolvido completamente co calendario xuliano porque un ano tropical non ten 365,25 días, senón 365,24219. Aínda queda un problema de deriva do calendario. Simplemente, lévalle varios séculos facerse visíbel. Por iso, en 1582 o papa Gregorio XIII instituíu o calendario gregoriano, que era fundamentalmente o mesmo que o xuliano cunha trampiña engadida aos anos bisextos: os anos do século pares (os que rematan nos díxitos 00) só son anos bisextos se xon divisíbeis por 400. Por isto, os anos 1700, 1800 e 1900 non foron anos bisextos (aínda que si o serían co calendario xuliano), mentres que o ano 200 si foi un ano bisexto. Este cambio fai que a lonxitude media dun ano teña 365,2425 días. Polo tanto, aínda hai unha pequena deriva, pero supón un erro de só tres días en 10.000 anos. O calendario gregoriano utilízase aínda como calendario estándar na maior parte do mundo. Trivilialidades: Cando o papa Gregorio instituíu o calendario gregoriano había 1500 anos que se seguía o calendario xuliano, polo que a data do calendario xa se desprazara máis dunha semasna. O papa Gregorio volveu sincronizar o calendario sinxelamente eliminando dez días: en 1582 o día despois do 4 de outubro foi o 15 de outubro!