James Lindenschmidt
Paralaxe
Paralaxe
Unidade AstronómicaParalaxe
ParsecParalaxe
A paralaxe é o cambio aparente da posición observada dun obxecto causada por un desprazamento na posición do observador. Como exemplo, ergue a man diante de ti co brazo estendido e observa un obxecto do outro lado do cuarto que estea detrás da man. Despois inclina a cabeza para o ombro dereito e a man aparecerá á esquerda do obxecto distante. Inclina a cabeza para o ombro esquerdo e a man parecerá que se desprazou á dereita do obxecto distante.
Debido a que a Terra está en órbita arredor do Sol, observamos o ceo desde unha posición en movemento constante no espazo. Polo tanto, esperaríamos ver un efecto de paralaxe anual, no que as posicións dos obxectos próximos parecesen abanear
para diante e para tras en resposta ao noso movemento arredor do Sol. De feito, isto si ocorre pero as distancias a mesmo as estrelas máis próximas son tan grandes que hai que facer observacións moi coidadosas cun telescopio paras detectaloOs antigos astrónomos gregos coñecían a paralaxe; como non podían observar a paralaxe anual nas posicións das estrelas, concluíron que a Terra non podía estar en movemento arredor do Sol. O que non percibiron foi que as estrelas están millóns de veces máis lonxe que o Sol, polo que é imposíbel ver o efecto de paralaxe co ollo nu..
Os telescopios modernos permitenll que os astrónomos utilicen a paralaxe anual para medir a distancias ás estrelas próximas utilizando a triangulación. O astrónomo mide coidadosamente a posición da estrela en dúas datas espazadas seis meses. Canto máis próxima estea a estrela do Sol, maior é o desprazamento aparente na súa posición entre as dúas datas.
Durante o período de seis meses, a Terra moveuse ao longo da metade da súa órbita arredor do Sol; neste tempo a súa posición cambiou 2 Unidades Astronómicas (abreviado como AU; 1AU é a distancia da Terra ao Sol, uns 150 millóns de quilómetros). Parece unha distancia moi longa, pero mesmo a estrela máis próxima ao Sol (alfa Centauri) está a uns 40 billóns de quilómetros. Polo tanto, a paralaxe anual é moi pequena, tipicamente menor que un segundo de arco, que é só 1/3600 dun grao. Unha unidade de distancia cómoda para as estrelas próximas é o parsec, que é a abreviatura de «segundo de arco de paralaxe». Un parsec é a distancia á que estaría unha estrela se o seu ángulo de paralaxe observado for dun segundo de arco. É igual a 3,26 anos luz, ou 31 billóns de quilómetrosOs astrónomos gostan tanto desta unidade que agora utilizan quiloparsecs
para medir distancias a escala galáctica e Megaparsecs
para medir distancias intergalácticas, mesmo se estas distancias son demasiado grandes como para teren unha paralaxe observábel. Para determinar estas distancias requírense outros métodos.