JasonHarrisPrecesiónPrecesiónA precesión é o cambio gradual na dirección do eixo de rotación da Terra. O eixo de rotación traza un cono, completando un circuíto completo en 26.000 anos. Nun trompo ou buxaina, o abaneo da parte superior cando xira é a precesión. Dado que a dirección do eixo de rotación da Terra cambia, tamén o fai a posición dos polos celestes. A razón da precesión da Terra é complicada. A Terra non é unha esfera perfecta; está un pouco achatada, o que significa que o círculo máximo do ecuador é máis longo do que un círculo máximo que pase polos polos. Así mesmo, a Lúa e o Sol quedan fóra do plano ecuatorial da Terra. Como resultado, a atracción gravitacional da Lúa e do Sol sobre o xeoide que é a Terra induce un lixeiro torque en adición a unha forza liñar. Este torque sobre o corpo xiratorio da terra provoca o movemento de precesión. Exercicio:A precesión é máis doada de ver observando o polo celeste. Para atopar o polo, cambia primeiro ás coordenadas ecuatoriais na xanela Configurar &kstars; e despois preme a tecla frecha para riba ata que o visor se deteña. A declinación que se mostra no centro do Panel informativo debería ser de +90 graos e a brillante Estrela Polar debería estar preto do centro da pantalla. Intenta mover coas teclas de frechas para a esquerda e a dereita. Verás que o ceo parece rotar arredor do polo. Agora demostraremos a precesión cambiando a data a un ano moi remoto e observando que a localización do polo celestial xa non está preto da Estrela Polar. Abre a xanela Axustar a hora (&Ctrl;S) e axusta a data ao ano 8000 (de momento &kstars; non pode manexar datas moito máis remotas que esta, pero esta data é abondo para o noso propósito). Observa que o visor do ceo está agora centrado sobre un punto entre as constelacións do Cisne e de Cefeo. Comproba que este é realmente o polo movendo para a esquerda e a dereita: o ceo rota arredor deste punto; no ano 8000 o polo norte celestial xa non estará preto da Estrela Polar.