JasonHarrisHora sidéreaHora sidéreaÁngulo horarioA hora sidérea significa literalmente hora das estrelas. A hora que estamos afeitos a empregar na nosa vida cotidiá é a hora solar. A unidade fundamental da hora solar é un día: o tempo que lle leva ao Sol viaxar 360 graos arredor do ceo debido á rotación da Terra. As unidades menores da hora solar son simplemente divisións dun día: 1/24 día = 1 hora1/60 hora = 1 minuto1/60 minuto = 1 segundoPorén, hai un problema coa hora solar. En realidade a Terra non xira 360 graos nun día solar. A Terra está en órbita arredor do sol e, no curso dun día, móvese aproximadamente un grao na súa órbita (360 graos/365,25 días para unha órbita completa = arredor dun grao por día). Polo tanto, en 24 horas a dirección cara o Sol cambia en arredor dun grao. En consecuencia, a Terra ten que xirar 361 graos para facer que semelle que o Sol viaxou 360 graos arredor do ceo. Na astronomía preocúpanos canto lle leva á Terra xirar en relación ás estrelas fixas, non ao Sol. Por iso, gostaríamos dunha escala temporal que retirase a complicación da órbita da Terra arredor do Sol e se centrase simplemente en canto lle leva á Terra xirar 360 graos en relación ás estrelas. Este período de rotación chámase día sidéreo. Como media, é 4 minutos máis curto que un día solar debido ao grao extra que a Terra xira nun día solar. No canto de definir un día sidéreo como 23 horas e 56 minutos, definimos horas, minutos e segundos sidéreos que son a mesma fracción dun día que os seus correspondentes solares. Polo tanto, un segundo solar = 1,00278 segundos sidéreos. A hora sidérea é útil para determinar onde están as estrelas a calquera hora dada. O tempo sidéreo divide unha rotación completa da Terra en 24 horas sidéreas; de maneira similar, o mapa do ceo divídese en 24 horas de ascensión recta. Isto non é unha coincidencia; a hora sidérea local (LST) indica a ascensión recta no ceo que está a cruzar actualmente o meridiano local. Polo tanto, se unha estrela ten unha ascensión recta de 05h 32m 24s, estará no teu meridiano ás LST=05:32:24. De xeito máis xeral, a diferenza entre a AR e a hora sidérea local diche a que distancia está o obxecto do meridiano. Por exemplo, o mesmo obxecto ás LST=06:32:24 (unha hora sidérea máis tarde) estará unha hora de ascensión recta ao oeste do teu meridiano, o que son 15 graos. Esta distancia angular desde o meridiano coñécese como ángulo horario do obxecto. &kstars; mostra a hora sidérea local na Caixa de información horaria coa lenda ST (hai que desocultar a caixa preméndoa dúas veces para ver a hora sidérea). Lembra que os segundos sidéreos que cambian non se sincronizan cos segundos da hora local e da hora universal que cambian. De feito, se ollas para os reloxos durante un pouco percibirás que os segundos sidéreos son un pouco máis curtos que os segundos LT e UT. Apunta para o cénit (preme Z ou selecciona cénit no menú Localización. O cénit é o punto do ceo que se ve cando se mira xusto para riba desde o solo e é un pundo do teu meridiano local. Observa a ascensión recta do cénit: é exactamente a mesma que a hora sidérea local.