MikeChoatieGalaxias espiraisGalaxias espiraisAs galaxias espirais son coleccións enormes de miles de millóns de estrelas, a maiora das cais están aplanadas en forma de disco, cun vulto brillante e esférico de estrelas no centro. Dentro do disco hai tipicamente brazos nos que se atopan as estrelas máis novas e brillantes. Estes brazos parten do centro nun padrón espiral, o que lles dá a estas galaxias o seu nome. As galaxias espirais semellan un pouco furacáns ou auga escorrendo por un furado. Son algúns dos obxectos máis fermosos do ceo. As galaxias clasifícanse empregando un diagrama de diapasón. O extremo do diapasón clasifica as galaxias elípticas nunha escala desde a máis arredondada, que é unha E0, ás que aparecen máis aplanadas, que se clasifican como E7. As puntas do diapasón é onde se clasifican os dous tipos de galaxias espirais: as espirais normais e as espirais con barras. Unha espiral con barras é aquela cuxo vulto central se estira nunha liña, polo que literalmente parece que ten unha barra de estrelas no centro. Ambos os dous tipos de galaxias subclasifícanse de acordo coa prominencia do vulto central de estrelas, o brillo superficial xeral e o apertado dos brazos espirais. Estas características están relacionadas, de xeito que unha galaxia Sa ten un vulto central grande, un brillo superficial grande e brazos espirais apertados. Unha galaxia Sb ten un vulto menor, un disco máis tenue e brazos máis soltos que unha Sa, e así con Sc e Sd. As galaxias con barras empregan o mesmo esquema de clasificación, indicado polos tipos SBa, SBb, SBc e SBd. Existe outra clase de galaxia chamada S0, que é morfoloxicamente un tipo de transción entre as espirais verdadeiras e as elípticas. Os seus brazos espirais están tan apertados que resultan indistinguíbeis; as galaxias SO teñen discos dun brillo uniforme. Teñen tamén un vulto extremamente dominante. A Vía Láctea, que é o fogar da Terra e de todas as estrelas do noso ceo, é unha galaxia espiral e pénsase que é unha espiral con barras. O nome Vía Láctea refírese a unha banda de estrelas moi tenues do ceo. Esta banda é o resultado de ollar o plano da nosa galaxia desde a nosa perspectiva dentro dela. As galaxias espirais son entidades moi dinámicas. Son o berce de formación de estrelas e conteñen moitas estrelas novas nos seus discos. Os seus vultos centrais tenden a estaren compostos de estrelas máis vellas e os seus halos difusos compóñense das estrelas máis vellas do universo. A formación de estrelas é activa nos discos porque é alí onde o gas e o po están máis concentrados; o gas e o po son os bloques constituintes da formación das estrelas. Os telescopios modernos revelaron que moitas galaxias espirais albergan furados negros supermasivos nos seus centros, con masas que exceden a de mil millóns de Soles. Sábese que tanto as galaxias elípticas como as espirais conteñen estes obxectos exóticos; de feito, moitos astrónomos pensan agora que todas as galaxias grandes conteñen un furado negro supermasivo no seu núcleo. Sábese que a nosa propia Vía Láctea alberga un furado negro no seu núcleo cunha masa millóns de veces maior do que a masa dunha estrela. Existen moitos exemplos lindos de galaxias espirais que se poden atopar en &kstars; e moitas teñen fermosas imaxes dispoñíbeis no seu menú emerxente. Pódense atopar empregando a xanela Atopar un obxecto. Velaquí unha lista dalgunhas galaxias espirais con imaxes bonitas dispoñíbeis: M 64, a Galaxia Ollo Negro (tipo Sa)M 31, a Galaxia de Andrómeda (tipo Sb)M 81, Galaxia de Bode (tipo Sb)M 51, a Galaxia Remuíño (tipo Sc)NGC 300 (tipo Sd) [emprega a ligazón á imaxe DSS]M 83 (tipo SBa)NGC 1530 (tipo SBb)NGC 1073 (tipo SBc)