Jason Harris O cénit Cénit Coordenadas horizontais O cénit é o punto do ceo para o que se mira cando se olla xusto para riba desde o solo. Máis precisamente, é o punto do ceo cunha altitude de +90 graos; é o Polo do Sistema de Coordenadas Horizontais. Xeometricamente, é o punto da esfera celeste intersecado por unha liña debuxada desde o centro da Terra que atravese o lugar no que está o observador na superficie da Terra. O cénit é, por definición, un punto ao longo do meridiano local. Exercicio: Pódese buscar o cénit premendo Z ou seleccionando Cénit no menú Localización.